Pois ata aquí o que foi a Escola de Pais 2008 do Colexio Novo.
Rematamos cunha memorable festa de clausura con paparota e detalliño (innecesario pero que agradezo enormemente), para este que escribe.
Comecei con certas dúbidas, xa que a pesares de levar 5 anos na ensinanza, nunca exercera de orientador, e moito menos de dinamizador dunha Escola de Pais. Pero como había un camiño aberto do ano anterior, interés por parte dos pais/nais, e gañas de facer cousas e probarme a min mesmo noutras lides, pois lanceime á piscina. E non me arrepinto. Nin moito menos. Foi unha experiencia nova, divertida e enriquecedora para min. Servirame para mellorar en futuras actividades deste tipo (por exemplo creo que empregaría máis dinámicas de grupo, menos teoría...).
Pero non tería sido posible sen a vosa colaboración. Por iso vos agradezo unha vez máis a vosa participación. Sodes fantásticas/os.
Unha aperta grande.
PD: calquera comentario que fagades no blogue me chega directamente ao correo, polo que non terei incoveniente en ler e contestar o que escribades (sobre todo agora que rematei coa dichosa oposición). En todo caso, se encontro artigos, vídeos ou calquera outro material interesante sobre as temáticas tratadas na Escola de Pais, tede por seguro que as irei colgando aquí.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario