Despois dunhas semanas sen actualizar (no sólo de blogs y padres vive el orientador...je,je...) aquí estamos de novo pra poñer isto ó día.
A merenda de pre-entroido (28 de xaneiro):
Pois si, a verdade é que a merenda de pre-entroido foivos moito. Entre o doce licorcillo e as múltiples viandas que as nais aportaron xenerosamente, quedei tan cheo que non volvín probar bocado ata o día seguinte. Recoñezo que son algo larpeiro, pero é que estaba todo boííísimo. De feito polo colexio debeuse propagar o doce arrecendo que saía do multiusos e varios foron os que se sumaron á merenda.
Previamente e tomando como referencia o concurso de compadres, falamos un pouco da competitividade infantil e de en que medida a fomentamos nós como parte desta sociedade.
Grazas a todos-as de novo polo voso bo facer culinario, polo voso humor e a vosa participación.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

1 comentario:
:oS Grazas pola actualización (o mesmo que pido agradezo, que non se diga...)
Publicar un comentario