jueves, 13 de diciembre de 2007

Comezou a Escola de pais e nais do Colexio Novo

En primeiro lugar agradecer ós asistentes a participación na actividade.

O luns 10 de decembro comezou a escola de pais e nais (EPN) cunha 1ª sesión na que ademáis das presentacións de rigor, vimos o que vai ser a actividade durante este curso,: obxectivos, contidos, metodoloxía, organización, etc.

A actividade desenvolverase a razón de unha ou dúas sesións mensuais, en función da miña dispoñibilidade.

A seguinte sesión terá lugar o luns 17 de decembro a partires das 15:40. Trataremos a agresividade e o consumismo infantil.

Un saúdo.

No hay comentarios: